programa medioambiental

 

Antecedentes rg

Un dos obxectivos que ten marcados o concello de Piñor é acadar unha xestión eficiente e de calidade dos servizos públicos, entre os cales se atopa a recollida do lixo. A finais do ano 2006 o Concello decidiu abandonar a recollida do lixo que facía a Mancomunidade de Concellos do Carballiño , coa intención de mellora-lo servizo e de aforrar custos. Rematado o ano 2007 e botadas as contas o aforro foi considerable , case a metade do que nos custaba ( de preto duns 62.000 € que nos custou no ano 2006 pasamos no ano 2007 a uns 35.000 €). Pero pese á contía do aforro, aínda queda moito por mellorar na prestación do servizo : continúa habendo unha diferenza importante entre o custo da recollida e o que recadamos pola taxa do lixo e, polo tanto, necesitamos entre todos reduci-la cantidade de lixo que xeramos , pois canto menos lixo fagamos máis poderemos aforrar. Por iso, con dito fin, o concello de Piñor puxo en marcha neste 2008 un Programa Medioambiental que abarca 2 grandes actividades : a compostaxe doméstica e a recollida selectiva dos envases e plásticos ( o que se deposita no contedor amarelo ).

En que consiste?b(5

O Programa Medioambiental esta composto por 2 actividades:

 

  • A compostaxe doméstica. Esta consiste en someter os residuos orgánicos xerados nos fogares a un proceso de transformación nun produto estable denominado "compost" e que non é, nin máis nin menos, que un abono natural de solos apto para o seu uso nos propios eidos e xardíns dos fogares. Dita transformación de materia orgánica realizarase a través duns dispositivos denominados composteiros e situados nos mesmos domicilios particulares. 

Manual de Compostaje Doméstica (PDF).

 

  • A Recollida Selectiva de envases e plásticos. Trátase de que os cidadáns seleccionen e separen do resto de residuos aqueles productos recuperables como son os envases e plásticos para depositalos no contedor amarelo co fin de poder reciclalos. 

Tríptico Recogida Selectiva Envases y Plásticos (PDF).

 

Funcionamiento rg

Os interesados no Programa poderán anotarse no Concello persoalmente no primeiro trimestre de cada ano. Unha vez inscritos, o Concello disporá sen custo algún e a favor de cada unidade familiar que participe na iniciativa, un composteiro en réxime de cesión e pegatinas totalmente anónimas (levarán unhas claves que só coñecerá o Concello) que deberá pegar nas bolsas na súa parte exterior antes de depositalas no colector amarelo.

Bonificacion 

A modificación da ordenanza do lixo (BOP nº 299, Luns 31 de Decembro de 2007) levou consigo un aumento de 10 € ó ano no custo do recibo ós domicilios. Dito aumento decidiuse paliar bonificando coa mesma cantidade a aquelas vivendas que se inclúan no programa de compostaxe doméstica e de recollida selectiva de envases.Polo tanto, aquelas vivendas (só vivendas, quedan excluídos bares, cafeterías, restaurantes,etc.) que participen no programa medioambiental verán reducida a súa taxa do lixo en 10 €, pasando de 35 a 25 €.

A posteriori o Concello poderá realizar con caracter periódico os controis aleatorios que estime oportunos , tanto dos composteiros a través de visitas ós propios domicilios , como da recollida selectiva a través das pegatinas para certificar se os materiais depositados no colector amarelo son os correctos. Así, aqueles inscritos que non realicen correctamente calquera das dúas actividades do programa serán dados de baixa neste e perderán a bonificación de 10 € no próximo exercicio.

Dita bonificación ten a súa propia regulación en desenvolvemento para a execución do Artigo 5.2 da Ordenanza reguladora da taxa sobre a recollida do lixo e exposta no apartado Normativa.

tp://www.pinor.es/fileadmin/templates/pinor/img/icono_h1.gif) 6px 1px no-repeat

Normativa 

Ordenanza de recogida de residuos (PDF).

Regulación del sistema de bonificación en la tasa de recogida del residuo domiciliario (PDF).

htContactorgb(5, 134, 0);">Contacto

Para calquera dúbida pode contactar coas oficinas do Concello a través do teléfono 988 40 32 36 ou vía Internet a traves do e-mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..