programa de información, orientación e asesoramento sobre os dereitos e recursos sociais existentes

 

Pode definirse como o medio que facilita ao cidadán e á comunidade en xeral o coñecemento e acceso aos servizos sociais, ao exercicio dos seus dereitos e recursos nesta materia, nunha situación de axuda profesional que garante unha resposta axeitada ás necesidades recoñecidas como propias no ámbito de actuación dos servizos sociais. Desde os servizos sociais comunitarios lévase a cabo a información, orientación e asesoramento tanto das persoas e grupos como da propia comunidade e desde este nivel de atención, se é o caso e previa valoración, realízase a derivación cara os servizos sociais especializados.

Neste programa realízase a diagnose de casos, derivación aos Servizos Sociais Especializados e trámite dos seguintes recursos e prestacións:

·       Pensións non contributivas (Ver abaixo)
·       Renovaciónanual de Pensión non contributiva
·       Recoñecemento de minusvalía da Xunta
·       Campaña de xoguetes da Cruz Vermella
·       Asistencia sanitaria para persoas sen recursos
·       Abono social de Telefónica
·      Cheque asistencial (axuda no fogar, ingreso en residencia, centro de día, estadía temporal ou respiro familiar)
·       Ingreso en residencias da Xunta
·       Programa de termalismo social do Imserso
·       Teleasistencia domiciliaria
·       Acollemento familiar para maiores
·       Renovación anual acollemento familiar para maiores
·       Axuda individual para maiores e discapacitados
·      Prestación económica  de pago único por fillo a cargo da Xunta
·       Prestación familiar por fillo a cargo INSS
·       Cheque infantil
·       Título de familia numerosa
·       Axuda extraordinaria emigrantes retornados
·       Quendas vacacionais para mulleres soas con cargas
·       Praza alumno en centro residencial docente
·       Programa de vacacións para maiores
·       Programa de turismo social
·       Axudas para cursos de idiomas no estranxeiro
·       Pensión asistencial por ancianidade
·       Programa Xuntos polo Nadal
·       Campamentos de verán
·       Solicitude de valoración do grao e nivel de dependencia

Ademais destas tamén se tramitan as seguintes solicitudes municipais:

PERCEPTOR_ALIMENTOS.doc

Campaña de alimentos excedentarios da Unión Europea: realízanse catro repartos ó ano.

SAF.doc

Servizo de Axuda no Fogar e Fisioterapia

TARXETA_DE_ESTACIONAMENTO.doc

Solicitude de tarxeta de estacionamento

XANTAR_SOBRE_RODAS.doc

Servizo de Xantar sobre rodas.

PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS

O Estado, por medio da Seguridade Social, garante ás persoas comprendidas no eido de aplicación desta, por realizar unha actividade profesional ou por cumpli-los requisitos esixidos na modalidade non contributiva, a protección axeitada fronte ás continxencias e nas situacións que se contemplan na Lei xeral da Seguridade Social.

As pensións non contributivas, reguladas na devandita lei, aseguran a tódolos cidadáns unha prestación económica, asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos sociais complementarios, aínda que non teñan cotizado ou o teñan feito de xeito insuficiente para ter dereito a unha pensión contributiva.

As pensións de xubilación e de invalidez non contributivas son incompatibles entre sí coas pensións asistenciais (FAS) e cos subsidios de garantía de ingresos mínimos e por axuda de terceira persoa da Lei de integración social dos minusválidos (LISMI), así como coa condición de causante da prestación familiar por fillo ao cargo minusválido. En Galicia a xestión das pensións non contributivas corresponde á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Pensións de Xubilación

Beneficiarios

 

Os cidadáns españois, equiparados e da Unión Europea, se cumpren o seguinte:

 

o   Carecer de ingresos suficientes de acordo co establecido polo Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social e a Lei de orzamentos xerais do Estado de cada ano

o   Ter 65 anos ou máis

o   Residir en territorio español e telo feito durante dez anos no período que media entre a data de cumprimento dos 16 anos e a do devengo da pensión, dos que dous deles teñen que ser consecutivos e inmediatamente anteriores á data da solicitude

o   Os pensionistas deben realizar unha declaración anual.

 

Revisión

 

As pensións recoñecidas poderán ser revisadas de oficio pola delegación provincial ou por solicitude do interesado ou do seu representante, cando se produza variación dos requisitos que dea lugar á modificación da contía.

 

Pensións de Invalidez

 

 

O dereito á pensión non contributiva de invalidez non impide o exercicio daquelas actividades, sexan ou non lucrativas, compatibles co estado da minusvalía e que non representen un cambio na capacidade para o traballo do pensionista.

Os beneficiarios desta pensión que inicien unha actividade laboral por conta propia ou allea, recuperarán automáticamente a dita pensión cando cesen na actividade. Para estes efectos, non se terá en conta no cómputo anual de rendas as que se estiveran percibido en virtude do seu traballo, no exercicio no que se repoña o pagamento da pensión.

Beneficiarios

Os cidadáns españois, equiparados e da Unión Europea, se cumpren o seguinte:

o Carecer de ingresos suficientes de acordo co establecido polo Texto Refundido da Lei xeral da Seguridade Social e a Lei de orzamentos xerais do Estado de cada ano

o  Ter 18 anos ou máis e menos de 65

o  Residir no territorio español e telo feito durante un período de cinco anos, dos que dous teñen que ser consecutivos e inmediatamente anteriores á data da solicitude

o  Ter un grao de minusvalía igual ou superior ao 65%

o  Os pensionistas deben realizar unha declaración anual.

 

Complemento de aluguer para os titulares de pensión de xubilación e invalidez da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva que residan nunha vivenda alugada

 

Regulado no Real Decreto 1400/2007, do 29 de outubro, polo que se establecen normas para o recoñecemento do complemento aos titulares de pensión de jubilación e invalidez da Seguridade Social, na súa modalidade non contributiva, que residan nunha vivenda alugada (BOE núm. 260, do 30 de outubro)

Terán dereito a este complemento as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

 

a)   Ter recoñecida unha pensión de xubilación e invalidez da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva na data da solicitude.

b)   Carecer de vivenda en propiedade.

c)   Ser o arrendatario da vivenda na data da solicitude.

d)   Non ter relación de parentesco ata o terceiro grado co arrendador da vivenda alugada.

e)  Ter fixada a súa residencia habitual na vivenda alugada. Para estes efectos, entenderase que a vivenda é o domicilio habitual cando a vixencia do arrendamento non sexa inferior a un ano, o pensionista residise na mesma durante un período mínimo de 180 días no ano do devengo do complemento e que durante o devandito período percibise a correspondente pensión non contributiva.