programa de insercion social
É o proceso de intervención social que, co obxecto último de mellora-lo benestar e calidade de vida das persoas ou grupos, actúa sobre factores asociados á orixe das distintas problemáticas ou necesidades sociais desenvolvendo actuacións concretas para evita-la súa aparición, reaparición ou o seu agravamento.
Este programa ten por obxecto prestar as atencións que permitan lograr a integración das persoas e os grupos na vida social garantindo así a prestación básica de inserción social.
- Xestión de recursos:
· RISGA (ver abaixo).
· Seguimento dos proxectos personalizados de inserción.
· Axudas Emerxencia Social (ver abaixo).
· Derivacións Plan de Inclusión.
· Informes sociais de reagrupamento familiar e arraigo da poboación inmigrante.
- Fomento de actividades ocupacionais.
- Intervención e tratamentos específicos.
- Conexión con recursos externos (Centros ocupacionais, Centros de Inserción Social, Fogares e Clubs, Sanidade, Educación, Emprego, Cultura, Deportes.
Máis información RISGA
RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA (RISGA) |
Concepto É unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles mediante un proxecto personalizado de inserción que, partindo das necesidades e características de cada caso, procure a autonomía persoal, familiar e económica do beneficiario/a e acade a súa integración social e/ou laboral. En todo caso, deseñarase con rigorosos criterios de programación, determinando obxectivos, prazos, medios e actividades que permitan a avaliación dos efectos reais da súa aplicación. Requisitos de acceso Estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, cando menos durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude. Quedan eximidas do cumprimento deste requisito dun ano: a)aquelas persoas que, procedentes doutras Comunidades Autónomas do Estado, sexan beneficiarias do salario social na comunidade autónoma da que proceden, sempre que na lexislación desa comunidade se recolla a reciprocidade, b)as vítimas de violencia doméstica que cambian o seu domicilio por motivos de seguridade, c) as persoas emigrantes galegas retornadas cando fixen a súa residencia en Galicia e aquelas persoas nacidas en Galicia que residindo noutras comunidades autónomas volvan fixar a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma galega. Os cidadáns e as cidadás de estados non membros da Unión Europea precisarán, ademais, acreditar a residencia legal en España no momento da solicitude. Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada economicamente á persoa solicitante Ter unha idade comprendida entre os 25 e os 65 anos. Non obstante, tamén poderán ser beneficiarias: Persoas menores de 25 anos que, reunindo o resto dos requisitos, teñan menores ao seu cargo. Persoas maiores de 18 anos que, tendo recoñecida a condición de minusválidos, non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza. Persoas maiores de 18 anos que, antes de acadaren a maioría de idade, estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros de protección de menores ou en acollemento familiar. As persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta que, reunindo os demais requisitos, non teñan dereito a outras prestacións ou axudas de análoga natureza. Dispoñer de recursos económicos inferiores á contía da prestación económica da RISGA que lle corresponda. Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posiblidade real de prestar alimentos. A xuízo do órgano de resolución, poderase eximir deste requisito a aqueles solicitantes dos que se prevexa que a obriga de alimento non se poida facer efectiva por malos tratos, relacións familiares deterioradas ou inexistentes das que exista constancia no expediente.
|
Máis información (Axuda emerxencia social)
AXUDAS PARA SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL (AES) |
Concepto Axudas económicas de carácter extraordinario e de pagamento único destinadas a paliar situacións de emerxencia que orixinen gastos extraordinarios para cubrir necesidades específicas de carácter básico e urxente.
|
Requisitos de acceso Ser maior de idade Estar empadroado e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Non dispoñer de ingresos suficientes para afronta-los gastos derivados da situación de emerxencia (ingresos non superiores ao 125% do importe do subsidio básico máis o complemento familiar da RISGA que lle correspondería). En ningún caso se poderá conceder máis dunha axuda para situación de emerxencia social por unidade de convivencia ao ano.
|
Lugar de presentación Servizos sociais de atención primaria. Delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais
|
Prazo de presentación Durante todo o ano.
|