Que é

Seguro que xa coñeces o carné xove, esta tarxeta permíteche sacarlle o máximo partido ó teu tempo libre, ós teus cartos e a túa vida. Se estás interesado en participar neste mundo de vantaxes podes informarte e tramitala na OMIX do Concello de Piñor en horario de luns a venres de 9,00 a 14,30 h.
Se tes unha empresa ou establecemento e consideras que podes colaborar na mellora da calidade de vida da mocidade ofrecéndolles descontos nos teus productos ou servizos solicita o impreso de adhesión ao programa enviándonos un correo a www.pinor.es ou o número 988 403 236. Tamén podes solicitar máis información na Dirección Xeral de Xuventude, no número 881 999 025.