IDADE MODERNA

  • Camiños de Peregrinaxe: SegundoEnrique Bande, na súa obra:"Registro del paso de peregrinos por las rutas Jacobeas Orensanas según los libros parroquiales", atravesaban Piñor dous camiños de peregrinación a Santiago. Un é a chamada"Ruta da Prata"que partindo de Ourense pasaba polas parroquias de A Canda, Barrán, Torcela, Carballeda e Desterro no seu trazado ata Santiago. Outro camiño era uncamiño portuguésque partindo de Melgaço se unía á "Ruta da Prata" no Arenteiro.  Hai pouco sinalizouse e rehabilitouse outro camiño de peregrinación que partindo de Cea polo Lodairo, discorría por Oseira , Vilarello para atravesar a parroquia de Coiras por Carballediña. 

Parroquia

Xurisdicción

Nº Veciños

Barrán

Castela

26

A Canda

Castela

16

Carballeda

Orcellón

10

Coirá

Orcellón

21

Loeda

Castela

13

Torcela

Orcellón

17

Fonte Datos: Mª Jesús Losada

  • Poboamento: Son poucos os datos que se teñen sobre poboación nesta época pero no censo de 1571, feito para asentar os mouriscos granadinos, reflexa que Piñor estaba repartido entre as xurisdicións deOrcellón e Castelacontando o Concello con105 veciños, repartidos da seguinte maneira:  Barrán Castela 26,  A Canda Castela 16,  Carballeda Orcellón 10,  Coirás Orcellón 21,  Loeda Castela 13,  Torcela Orcellón 17.      

A parroquia do Desterro non aparece neste censo pois aínda non existía. As poboacións que a compoñen estaban repartidas entre as actuais parroquias de Torcela e Carballeda. A continuación citaremos algúns detalles ou feitos acontecidos en cada parroquia naquela época:

-Barrán:A súa poboación veuse afectada, segundo Olga Gallego, pola peste no século XVI. A parroquia pertencía á xurisdición de Amoeiro e estaba baixo o señorío do Conde de Ribadavia.  

-A Canda:Esta parroquia estaba dividida en dous cotos dende o século XVI que se atopaban baixo o dominio das familias Noguerol (donos do pazo de Reda) e dos Mosquera (donos do pazo de Vilariño).  

-Carballeda:Segundo o Catastro de Ensenada, a parroquia estaba baixo a xurisdición de Oseira, que contaba con numerosas granxas na mesma.   

-Coiras:Segundo o Catrasto de Ensenada, esta parroquia tamén estaba baixo a xurisdición de Oseira, posuíndo tamén numerosas granxas.   

-Loeda:No século XVI figuraba como coto segundo un documento do "Catálogo del Archivo Monacal de Oseira". Parte deste coto pertencía ó escudeiro Jácome Ougea en 1556. O coto contaba cun xuíz que impartía xustiza tanto en Loeda como en Vilariño.   

-Torcela:Segundo o Catrasto de Ensenada, esta parroquia tamén estaba baixo a xurisdición de Oseira, contando logo tamén con granxas.