CAPELAS

CAPELA DA MILAGROSA DO REINOatópase na entrada do pobo de Moire (parroquia de Carballeda). É de estilo neogótico, ten unha única nave cunha curiosa forma: a maior parte do edificio ten forma rectangular, mentres que a cabeceira ten forma de proa de barco cortada. A fachada conta cunha porta de arco oxival, enriba e por os lados ventás rectangulares. Está coroada por unha espadana con dous arcos oxivais e balaustrado rematado por dous pináculos e unha cruz.

Capela da Milagrosa do Reino 

CAPELA DA DEVESA OU DE SAN BARTOLOMEUestá situada na entrada do pobo de Devesa ó pé da estrada que vai dende o O Reino ó Irixo. É unha capela sinxela de nave única e de planta rectangular. A fachada conta cunha porta adintelada e está rematada por un campanario de ferro. No interior hai un pequeno retablo de madeira que conta coas imaxes da Virxe do Desterro (barroco) e S. Bartolomeu, en madeira

 Capela da Devesa ou de San Bartolomeu

CAPELA DE CALESsitúase no pobo de Cales (parroquia de Coiras), unha pequena capela dunha soa nave de planta rectangular cunha porta de arco de medio punto, que foi modificada por unha porta adintelada. No seu interior atópase un pequeno retablo de madeira. Trátase dunha capela medieval (XII) remodelada, que puido ser utilizada como igrexa parroquial denominada parroquia de Santiago de Cales.

 Capela de Cales

CAPELA DA PEREGRINA OU DO ARENTEIROestá situada no pobo de Arenteiro (parroquia de Barrán), nunha praza situada ó pé da estrada que une Cea ó Reino. A capela ten forma de "T" contando con sacristía e capela maior con bóveda coroada cunha lanterna. No seu interior conta con diversas imaxes destacando as da Virxe da Peregrina e S. Xosé na borrica, obras do século XVIII, a da Virxe das Neves de estilo rococó, e un crucifixo feito e doado polo escultor Aldrey no século XX. A capela foi feita polo canteiro Santiago González e o mestre Lois no século XVII e foi reformada no ano 1974.

 Capela da Peregrina ou do Arenteiro