MONUMENTOS FUNERARIOS

 

TUMBA DA FAMILIA RIVERO AGUILAR:atópase no cemiterio da igrexa vella de Loeda á súa dereita. Trátase dunha tumba de planta rectangular, Tumba da familia Rivero Aguilar

formada por dous corpos rectangulares e rematada por un frontón triangular coroado por unha sinxela cruz de pedra.

Ten sinais de que foi protexida por un enreixado de ferro e presenta restos de policromía. Nesta tumba están enterrados diversos membros da familia Rivero Aguilar que tiveron importancia na historia de Piñor: Dª Juliana, muller de D. Antonio Rivero, o dono da fábrica de papel de Lousado e os seus fillos, D. Avelino, D. Manuel, D. Cándido, que ocupou divesos cargos: vicepresidente e logo presidente da Deputación Provincial de Ourense, Gobernador da nosa provincia e deputado polo Carballiño e Eduardo,"Bachiller en Belas Artes".

Tumba da familia Antonio Gómez Ordoñez

TUMBA DA FAMILIA DE ANTONIO GÓMEZ ORDOÑEZestá tamén no cemiterio da igrexa de Loeda e conta cun relevo do famoso escultor

Antonio Faílde (1907-1979), composto por tres pezas: dúas rectangulares e unha semicircular.

 

Ocupando o centro do relevo están as imaxes sentadas de S. Xosé e a Virxe, ámbos coas mans sobre o peito e o neno Xesús aparece sentado no colo da Virxe inclinado cara S. Xosé. Ó redor da Sagrada Familia aparecen imaxes de anxos, santos e profetas, e por riba, hai unha escultura xigantesca de Cristo en actitude de bendecir diante dunha cruz.

 

 

 

 

 

TUMBA DOS UREÑA - CRESPO:está situado na igrexa vella de Carballeda. Trátase dun panteón de planta rectangular de tres pisos separados por tres

Tumba dos Ureña-Crespopanteón e a outra sostendo o Sagrado Corazón, rodeado por dúas figuras femininas sentadas coas mans apoiadas sobre o peito e os xeonllos.pequenas

columnas con capiteis decorados con motivos vexetais e volutas. No seu cume atópase unha escultura de Cristo de pé apoiando unha man no