PETOS DE ÁNIMAS

PETO DA IGREXA DE CARBALLEDAestá situado ó pé da N-525 e diante da igrexa de Carballeda. Consta de dous corpos, o inferior de planta rectangular destinado a facer soporte e o superior con fornela de arco de medio punto. Está rematado na parte superior por un pináculo partido, o cal tiña unha cruz de ferro que o adornaba. A fornela está protexida por un enreixado de ferro e por un cristal e ten no seu interior unha escultura de San Antonio e o neno.

 

Peto da igresa de Carballeda 

 

 

PETO DE COTELASatópase no pobo de Cotelas a carón da estrada que une esta aldea e Oseira, levantado sobre catro escalóns. Ten unha fornela adintelada, protexida por un enreixado de ferro, coroado cun frontón triangular rematado nunha cruz. Este peto do ano 1889, está a carón dun cruceiro de varal cadrado rematado nunha cruz de dous brazos desiguais. A fornela garda no seu interior imaxes de: Cristo crucificado (centro), S. Antonio e o neno (esquerda), a Virxe do Carme (dereita) e as ánimas do purgatorio (baixo do crucificado).

 

 Peto de Cotelas

 

PETO DE LOEDAsituado ó pé da antiga estrada N-525, á saída de Loeda, atopamos este peto formado por dous corpos, o inferior rectangular que serve de base e, o superior con fornela rematada con cornixa apuntada. A fornela está protexida por un enreixado dobre de ferro con burato para deixar a esmola. No seu interior hai unha escultura de Cristo crucificado de pedra cunha caveira no remate da cruz e ós dous lados hai esculturas de madeira, unha de San Antonio e a outra das ánimas.

 

 

 

 

ESCULTURA POPULAR

O único exemplar de escultura popular atópase na aldea da Pallota, denominada "Casa do Santo". É unha obra do 1952, feita por un canteiro. Consiste nun pequeno santo vestido cunha longa túnica en actitude orante situado baixo un baldaquino apuntado sostido por finas columnas.

 

 

 

 Peto de Loeda

Casa do Santo