PONTES

 Ponte do Arenteirosituada a carón do pobo da Ponte (parroquia de Carballeda) preto dunha ponte nova de formigón pola cal pasa a estrada de Cea – O Reino alzándose sobre as augas do río Arenteiro entre as parroquias de Barrán e Carballeda. Trátase dunha ponte de pedra feita a base de sillería granítica que conta cun arco de medio punto de 5.10 m e un tosco aliviadeiro adintelado, aberto posiblemente este último en época posterior para facilitar o paso das augas do río a unha canle dun muíño. A ponte carece de petrís e presenta rasante horizontal.A data de construción máis antiga da que se ten referencia é do ano 1244. Pola ponte do Arenteiro pasaba o camiño medieval Ourense – Santiago e xa na Idade Moderna, diversos camiños de peregrinación a Santiago.

 

Ponte do Arenteiro 

Ponte da Mirela: preto do pobo da Mirela está situada a carón dunha ponte moderna de formigón que une a estrada Cotelas – O Reino. É unha ponte de pedra feita de sillares graníticos que conta cun único arco de medio punto de 8.05 m. A ponte atópase en bo estado de conservación aínda que moi transformada, pois tivo que soportar ata hai pouco o paso de tráfico rodado motivo polo cal foi ensanchada. A data máis antiga á que fai referencia a súa construción é do ano 1257.

 

 Ponte da Mirela
   

 

Ponte de Lousadosituada xunto á fábrica de papel de Lousado (parroquia de Loeda) alzando entre dúas rochas o único arco de medio punto que posúe sobre as augas do río Arenteiro. Trátase dunha ponte de pedra de sillería granítica que carece de petrís e conta con rasante horizontal. O dato máis antigo co que se conta da súa construción é o do ano 1845.

 

 

 

 Ponte de Lousado