Nova

Curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio

15/06/2010

Concello de Piñor

O Concello de Piñor vai poñer en marcha un curso sobre a atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

 

Esta formación de 630 horas que substitúe o anterior “Auxiliar de axuda a domicilio”, posúe certificado de profesionalidade adaptado a Unión Europea, polo que tras realizalo, recíbese unha habilitación profesional para traballar con dependentes. Debido a que se concede un certificado oficial de nivel 2, para cursalo, os alumnos deberán posuír algúns dos seguintes requisitos ou superiores:

 

  • Título E.S.O. ou superior

  • Ter superadas as probas de competencias clave en lingua castelá, lingua galega e matemáticas.

  • Ter un certificado de profesionalidade de nivel 2.

  • Ter un certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.

  • Título de técnico auxiliar.

  • Título de técnico.

  • Ter superado o segundo curso de B.U.P.

  • Ter superado o segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.

  • Ter superado as ensinanzas de artes Aplicadas e Oficios Artísticos, terceiro curso do plan de 1963 ou segundo de comúns experimental.

  • Ter superado outros cursos declarados equivalentes a efectos académicos con algún dos anteriores.

  • Ter superado as correspondentes probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio.

  • Ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

 

Ademais é preciso posuír  o certificado de lingua galega 3 (Celga 3) ou as seguintes  validacións:

 

  • Certificado de aptitude dos cursos de iniciación de lingua galega (segundo orde do 1 de abril de 2005).

  • O título de graduado en educación secundaria obrigatoria (E.S.O) ou técnico auxiliar (FP1), sempre que se estudase en Galicia na súa totalidade e se cursase de maneira oficial a materia de lingua galega en todos os cursos dos ditos estudos.

  • O certificado do ciclo inicial de galego expedido polas escolas oficiais de idiomas.

  • Certificados de ter cursado e aprobado as materias de ciencias sociais e as materias optativas de galego na E.S.O e no bacharelato nos centros do Bierzo e Sanabria acollidos ao programa de formación previsto no convenio para a promoción do idioma galego nos territorios limítrofes das comunidades autónomas de Galicia e León, subscrito entre ambas as dúas comunidades.

 

O curso ten previsto o seu inicio en xuño e o seu remate en novembro. Consta de catro módulos formativos:

 

  • Hixiene e atención sanitaria domiciliaria (170 horas): necesidades dos dependentes, administración de alimentos e tratamentos...

  • Atención e apoio psicosocial domiciliario (210 horas): apoio a xestións das persoas dependentes e a súa comunicación co medio...

  • Apoio domiciliario e alimentación familiar (100 horas): aprovisionamento, mantemento e organización do domicilio do dependente...

  • Módulo de prácticas profesionais obrigatorias (120 horas).

Ademais dentro da programación inclúense 32 horas de prácticas voluntarias.

 

 

Aquelas persoas interesadas en realizar dito curso deberanse dirixir o Concello de Piñor (servizo de orientación laboral) ou chamar o teléfono do concello 988 403 236.

 

 
 

dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |

teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |

correo: info@pinor.es

Aviso legal

Cofinanciado por:

Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia
Explicacion do Nivel de Conformidade Doble A de Accesibilidade Validador XHTML Validador CSS