Turismo | Onde durmir

Onde durmir

Vacacións nos pobos de Piñor, co seu ambiente familiar e tranquilo, lonxe do bulicio e estres da cidade, permiten vivir e recuperar un mundo que, tal vez, xa solo se coñece nos contos. Aloxarse en Piñor ten a vantaxe de poder encontrar todo o relax do rural e gozar da súa paisaxe e cultura, a tan só 23 km. da cidade de Ourense e a tan só 40 minutos en coche da capital galega, Santiago de Compostela.


Hostal-Residencia "Ateneo" 

  • Descrición: Situado na estrada N-525, este acolledor hostal destaca pola súa hospitalidade e trato familiar, ademais de pola súa oferta gastronómica de gran calidade e coñecida desde 1950.
  • Tipo de establecemento: Hostal-Residencia
  • Servizos Comedor, restaurante con comida tradicional galega, sala de estar, televisor en cada habitación, terraza, servizo de lavandería, servicio de fax, prensa diaria, aparcamento.
  • Número de habitacións: 17 Habitacións con Baño
  • Teléfono(s): 988 403 203
  • Dirección: Estrada N-525, Km 267, O Reino, C.P. 32138 - Piñor - Ourense


Casa de turismo rural "Casarellos" 

  • Descrición: Confortable Casa de Aldea. O conxunto de construccións de arquitectura tradicional, que ofrece a zona recrea o máis suxerinte ambiente da sociedade rural galega (casa principal, casas secundarias, forno e hórreo con máis de 100 anos de antigüidade), que sumado á calidade e coidado que mostra a casa e á hospitalidade dos seus propietarios, fai que sexa un establecemento ideal no cal aloxarte nas túas próximas vacacións.
  • Desde finais de 2008 dispón do certificado de calidade turística.
  • Membro de AGATUR (Asociación Galega de Turismo Rural)
  • Tipo de establecemento: Casa de turismo rural (Grupo A)
  • Número de habitacións: 8 habitacións dobles con baño
  • Outros servizos: Comedor, salón con televisión en común, televisor en cada habitación, wifi, piscina, aparcamento, xardín y horta. Dispón de bicicletas de aluguer, agricultura ecolóxica e gando.
  • Teléfono(s): 988 403 222 / 600 561 204
  • Fax: 988 403 222
  • Dirección: Casarellos, C.P. 32138 - Piñor - Ourense (desvío na N -525, Km 269)
  • Páxina web: www.casarellos.com
  • E-mail: reservas@casarellos.com

As Casiñas Da Avoa Carlota

  • Descrición: Apartamentos turísticos rurais, amoblados cunha gran exquisitez e equipados con todo tipo de comodidades, respectando o seu encanto orixinal. Permiten aloxarse no rural, nunha edificación de arquitectura tradicional, con tódalas comodidades da vida moderna.
  • Tipo de establecemento: Apartamentos turísticos dunha chave.
  • Servizos: Apartamentos totalmente equipados con cociña, sala de estar, habitación e baño, servizo de lavandería e xardín.
  • Prazas Apartamentos de 2 cuartos ou 4 cuartos (doce prazas)
  • Teléfono(s): 693649626 / 633239004
  • Dirección: Freás da Canda s/n C.P. 32137 Piñor (Ourense)
  • Páxina web: www.casascarlota.com


 
 

dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |

teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |

correo: info@pinor.es

Aviso legal

Cofinanciado por:

Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia
Explicacion do Nivel de Conformidade Doble A de Accesibilidade Validador XHTML Validador CSS