Emprego | Autoemprego

Autoemprego

Medidas activas de emprego. ¿Qué son e en qué consisten?

As políticas activas de emprego, están encamiñadas a crear máis e mellores postos de traballo na nosa comunidade incentivando a contratación por conta allea e apoiando a posta en marcha e consolidación de alternativas emprendedoras como fórmulas de autoemprego.

Fórmulas de autoemprego:

Van dirixidas principalmente ós seguintes sectores:

  • Desempregados (Incentivos á contratación por conta allea, Programas de cooperación, Programas mixtos de formación e emprego, Escolas obradoiro e Obradoiros de emprego).
  • Emprendedores (Asesoramento para a formulación de proxectos de creación de empresas).
  • Mulleres victimas de violencia doméstica e emigrantes retornados (Programa de fomento da inserción laboral).
  • Xóvenes e mulleres do ámbito rural (Revitalización da economía local e mantemento do tecido social no medio rural con actuacións dirixidas a fomentar o espíritu empresarial no sector agroalimentario).

Actividades e servizos principais

A promover polo Axente de Emprego e Desenvolvemento Local no Concello de Piñor en materia de autoemprego:

Aparte de realizar unha axuda, colaboración e seguimento da implantación das políticas activas de emprego, o Plan de acción en Piñor pretende lograr un índice de paro igual a cero. Asemade, tamén se consideran obxectivos prioritarios:

  • Potenciación das novas actividades que se poden desenvolver, diferentes cursos de formación atendendo ás profesións máis demandadas polo mercado laboral.
  • Actividades de información e de asesoramento, tanto a emprendedores, empresarios ou a desempregados.
  • Programación de Seminarios de Difusión, que son de gran importancia para a captación de emprendedores.
  • Establecemento de canles de comunicación cos interlocutores sociais (empresarios, sindicatos, desempregados, emprendedores…).
  • Fomento do asociacionismo e do cooperativismo.
  • Información sobre creación de empresas para reducir o paro entre os sectores máis desfavorecidos.

Para máis información, consultar no seguinte enlace: www.auladoautoemprego.ceg.es ou ben dirixirse ós Servizos de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Piñor, chamando ó teléfono 988403236/17 ou a través do correo electrónico emprego@pinor.es

Actualidade

 
 

dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |

teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |

correo: info@pinor.es

Aviso legal

Cofinanciado por:

Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia
Explicacion do Nivel de Conformidade Doble A de Accesibilidade Validador XHTML Validador CSS