
Vivenda situada na aldea de Lousado, parroquia de Loeda. Emprazada a 1 km. da estrada N-525 e con bo acceso á autoestrada libre de peaxe AG-53. A poboación da aldea é de menos de 50 veciños. De interese cultural e arquitectónico é de sinalar a antiga fábrica de papel e o pazo de Lousado.
Datos referentes á vivenda:
Persoa de contacto:
Nome: José
Tlf.: 988 403 287
Vivenda situada na aldea de Carballeda, parroquia do mesmo nome. Emprazada ó lado da estrada N-525, e acceso á autoestrada libre de peaxe AG-53 a menos de 1 km. A poboación actual deste lugar é de menos de 50 veciños. De interese cultural e arquitectónico é de sinalar a igrexa de Santa María que data de 1773, así como un Peto de Animais do século XIX e o Cruceiro de principios do século XX.
Datos referentes á vivenda:
Persoa de contacto: Manuel Angel.
Tlf.: 666 420 800
Vivenda situada na aldea de Freás, parroquia da Canda. Localidade situada no itinerario que vai ó famoso MOSTEIRO DE OSEIRA, o cal se atopa a 6 Km deste lugar.
Esta zona conta con asentamentos castrexos, como é o caso do castro que se ergue a uns 500 m do núcleo de poboación de Guimarás, a carón de Freás. Único xacemento coñecido da época castrexa no concello. Este castro foi catalogado e explorado polo prehistoriador galego Florentino Cuevillas, quen o incluíu no Catálogo dos castros da Terra do Carballiño.
De interese artístico-monumental tamén destacable deste lugar é a IGREXA DE SAN MAMEDE DA CANDA. O exterior da súa cabeceira está decorado por un magnífico Cristo crucificado, procedente dun cruceiro. No seu interior hai unha cuberta de madeira e unha pequena capela documentada no ano 1668.
Datos referentes á vivenda:
Persoa de contacto:
Finca situada na aldea de Freás, parroquia da Canda. Localidade situada no itinerario que vai ó famoso MOSTEIRO DE OSEIRA, o cal se atopa a 6 Km deste lugar.
Esta zona conta con asentamentos castrexos, como é o castro que se ergue a uns 500 m do lugar de Guimarás, a carón deste núcleo de poboación. Único xacemento coñecido da época castrexa no concello. O castro foi catalogado e explorado polo prehistoriador galego Florentino Cuevillas, quen o incluíu no Catálogo dos castros da Terra do Carballiño.
De interese artístico-monumental tamén destacable deste lugar é a IGREXA DE SAN MAMEDE DA CANDA. O exterior da súa cabeceira está decorado por un magnífico Cristo crucificado, procedente dun cruceiro. No seu interior hai unha cuberta de madeira e unha pequena capela documentada no ano 1668.
Datos referentes á parcela:
Persoa de contacto:
Antigo secadoiro de curtidos localizado na pequena, pero moi ben situada, localidade de Porto do Souto. Núcleo rural asentado nun promontorio a escasos 2 km da vila de San Cristovo de Cea, na estrada principal que nos leva ó famoso MOSTEIRO DE OSEIRA, o cal se atopa a 7 km. Lugar de paso de numerosos peregrinos cara a Santiago de Compostela, xa que por estas terras descorre a VÍA DA PRATA en dirección á cidade do apóstolo.
Aldea que, a mediados do século pasado, foi un referente da difícil tarefa de CURTIR AS PELES dos animais, e que a día de hoxe aínda conta con edificacións que nos lembran que nalgún momento foi un lugar dedicado de cheo a este labor.
Datos referentes á vivenda:
Persoa de contacto:
Antiga fábrica de curtidos localizada na pequena, pero moi ben situada, localidade de Porto do Souto. Núcleo rural asentado nun promontorio a escasos 2 km da vila de San Cristovo de Cea, na estrada principal que nos leva ó famoso MOSTEIRO DE OSEIRA, o cal se atopa a 7 km, lugar de paso de numerosos peregrinos cara a Santiago de Compostela, xa que por estas terras descorre a VÍA DA PRATA en dirección á cidade do apóstolo.
Aldea que, a mediados do século pasado, foi un referente da difícil tarefa de CURTIR AS PELES dos animais, e que a día de hoxe aínda conta con edificacións que nos fan lembrar que nalgún momento foi un lugar dedicado de cheo a este labor.
Datos referentes á vivenda:
Persoa de contacto:
Antiga fábrica de curtidos localizada na pequena, pero moi ben situada, localidade de Porto do Souto. Núcleo rural asentado nun promontorio a escasos 2 km da vila de San Cristovo de Cea , na estrada principal que nos leva ó famoso MOSTEIRO DE OSEIRA, o cal se atopa a 7 km. Lugar de paso de numerosos peregrinos cara a Santiago de Compostela, xa que por estas terras descorre a VÍA DA PRATA en dirección á cidade do apóstolo.
Aldea que, a mediados do século pasado, foi un referente da difícil tarefa de CURTIR AS PELES dos animais, e que a día de hoxe aínda conta con edificacións que nos lembran que nalgún momento foi un lugar dedicado de cheo a este labor.
Datos referentes á vivenda:
Persoa de contacto:
Vivenda situada na aldea de Loeda, parroquia do mesmo nome. Emprazada a uns 400 m da estrada N-525. A poboación actual deste lugar é de 33 veciños. De interese cultural e arquitectónico son de sinalar as dúas igrexas que posúe. A máis antiga data do século XII, mentres que a de nova construción é do ano 1968.
Datos referentes á vivenda:
Persoa de contacto:
dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |
teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |
correo: info@pinor.es