
O Camiño de Santiago foi e segue sendo a ruta máis antiga, máis concorrida e máis celebrada do vello continente.
Santiago non solo foi un polo de atracción para peregrinos e viaxeiros durante séculos, senón que ademais creou unha ruta propia, fixo un Camiño.
Os elementos culturais e paisaxísticos e o propio contacto con pobos e costumes configuraron o que o Consello de Europa declarou como “Primeiro Itinerario Cultural Europeo”, facendo desta vella ruta unha vía tamén de arte e cultura, un Camiño de espiritualidade, ata o corazón de Galicia.
A Santiago e a Galicia pódese chegar de moitas maneiras, pero sen dúbida, a mellor de elas é o CAMIÑO DE SANTIAGO.
![]() |
A Vía da Prata é o camiño xacobeo galego de maior percorrido.
Procede de Sevilla, Mérida, Zamora, e entra en Galicia pola provincia de Ourense.
Coñecido como “Camiño Mozárabe”, “Camiño meridional”, “Camiño do Sueste” e prolongación da Vía da Prata, sen dúbida este é un dos Camiños de Santiago, de maior beleza tanto paisaxística como artística; ademais da súa importancia histórica como ruta comercial.
Para máis información www.xacobeo.es
![]() |
(Extensión aproximada: 14 km)
O concello de Piñor é un fermoso e descoñecido municipio do interior ourensán.
Situado na comarca do Carballiño, Piñor esconde numerosas e belas paisaxes que nos adentran nun gran pasado cargado de esplendor e nun esperanzador futuro.
Piñor está atravesado por un antigo ramal do Camiño de Santiago, que posibilitou a construcción de pequenas igrexas con fermosas rectorais, entre as que destacan a de San Xoán de Barrán e a igrexa de San Paio de Loeda.
Guía do peregrino
Desde San Cristovo de Cea, debes continuar o Camiño en dirección Porto do Souto, pasando logo por pequenas aldeas do municipio de Piñor: Cotelas, A Mirela, Piñor, Arenteiro, A Ponte, O Reino, Carballeda, O Desterro e Sobrado ata chegar a O Castro de Dozón, situado xa, na provincia de Pontevedra.
![]() |
A pesar de que existe una derivación deste Camiño, que vai desde San Cristovo de Cea a Dozón, pasando por Oseira e logo retomando o Camiño a Dozón por, Carballediña (Piñor) e Coiras (Piñor), o Camiño primitivo é o citado anteriormente.
Por outro lado, a beleza paisaxística é incomparable, observándose especies arbóreas autóctonas que chaman a atención pola súa grandiosidade e especial fermosura, así como estampas á veira dos ríos Arenteiro e Mirela dignas de ser observadas, e diversas mostras de patrimonio etnográfico e artístico, que deixan entrever a cultura tradicional do territorio de Piñor (hórreos dos máis variopintos estilos, casas de arquitectura tradicional galega, fermosas pontes medievais, capelas, rectorais, históricas igrexas...).
A continuación facilitámosche información útil sobre os lugares públicos e establecementos privados de Piñor, onde podes retomar forzas e incluso descansar.
Fontes, prazas e áreas recreativas.
|
Fonte da Mirela. |
|
|
Área recreativa da Mirela, xunto ó río Mirela. Dispón de papeleiras, fonte e mesas con bancos. Esta pequena área recreativa invita ó relax nun lugar de gran beleza paisaxística e cas cascadas e o fluír do río Mirela como son de fondo.
|
|
Fonte e lavadeiro en Piñor. |
|
|
Praza de Piñor. |
|
Fonte en Albarona. |
|
Praza en Arenteiro (xunto á capela da Peregrina). |
Bares e tendas.
|
|
Café “O Refugio” (Cotelas) Ctra. Cea-Oseira Vía da Prata Cotelas-Piñor Teléfonos: 988 28 25 93/ 606 70 91 67 - Tapería- Asador. - Almorzos, bocadillos fríos e quentes, etc. - Servicio de Taxi. - Pequena tenda de produtos do país (xamóns, chourizos, queixos, pan, mel, etc.) - Aluguer de habitacións, totalmente equipadas con baño, TV, cociña, etc. |
|
BAR NOVA LÚA Situación: Cotelas Horario: 9.00 - 23.00 Teléfono: 988 28 26 19 Día de descanso: Luns á tarde. Servizo de cafetería e comedor. Ofrecen menú do día.
|
|
BAR CABANA Situación: Freás Horario: 9.00 - 22.30 Teléfono: 988 28 23 33 Día de descanso: Martes á tarde. Servizo de cafetería.
|
|
Bar - Carnicería Piñor. (Piñor) Teléfono: 988403200 Día de descanso: domingos á tarde. Servizo de cafetería e carnicería. Venta de bocadillos. |
|
Bar Ojea. (Arenteiro) 32137 Piñor Situado na ruta xacobea "Vía da Prata", na localidade de Arenteiro (Piñor), a 5 km de San Cristovo de Cea e último ata o seguinte albergue (10 km) Teléfono: 988 403 324 HORARIO: dende as 8:00 h ata as 23:30 h (días de descanso: luns por a tarde) SERVIZOS: - Almorzos - Bocadillos - Tapas - Prensa diaria - Zona Wifi - Zona recreativa (futbolín e billar) - Selo para credencial
|
dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |
teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |
correo: info@pinor.es