Turismo | Onde comer

Onde comer

Terra de sabores, un gusto o teu alcance

Agora, nos tempos da cociña de vangarda, minimalista e de desestructuración, tamén resulta gratificante mirar, de cando en vez, cara as nosas orixes, cara o tradicional, cara os sabores esquecidos de produtos cultivados nas nosas hortas ou criados nos nosos montes.

Aquí, en Piñor, os nosos cociñeiros gardan no seu saber, secretos culinarios dos fogóns tradicionais, sen renunciar por elo á innovación dos tempos modernos. Algo que lle ven dos avós, que pasou a fillos e que pasará a netos… e que fai que os nosos restaurantes sigan tendo gran recoñecemento, algúns deles despois de 50 anos de funcionamento. Así pois, quen se senta á mesa nos nosos restaurantes, debe esquecerse do reloxo e renderse ós praceres que ante si se lle presentan.

Ademais, ó falar de gastronomía, debemos recordarlle ó visitante que Piñor forma parte da comarca de O Carballiño, polo que destaca tamén polo seu “pulpo á feira”, que é o prato máis característico e universal da gastronomía da comarca, xunto co coñecido pan de Cea.

Esperamos que o gocen.

¡Bo proveito!


Cociña tradicional galega no corazón de Galicia

Para quen queira descubrir a nosa cociña, ofrecemos a continuación unha relación de restaurantes:

¡Alimenta os teus sentidos!


RESTAURANTE “CASERÍO DE TORGUEDO”

DATOS XERAIS

  • Dirección: Estrada N-525 Ourense-Santiago, PK. 265 Torguedo 32137 Piñor.
  • Capacidade: 45 persoas.
  • Categoría: 4ª categoría. 1 Garfo.
  • Horario: 13.00-15.30 e de 20.30- 23.00.
  • Teléfono: 988 40 32 15

Cun acolledor e tranquilo ambiente, o restaurante “Caserío de Torguedo” destaca pola calidade e sabor tradicional dos seus pratos.

A súa larga historia ó servizo dos amantes do bo comer, son un claro sinal do seu bo facer. De feito, a súa propietaria e fundadora empezou deleitando padais ca súa comida no antigo “Bar do taxista” no Reino e trala construcción da nova N-525 viuse obrigada a cambiar a ubicación do seu restaurante, nacendo así o restaurante “Caserío de Torguedo”.

  • Servicios: Restaurante, cobro con tarxetas, prensa diaria. Ofrecen pratos elaborados con produtos caseiros procedentes da súa horta e granxa, a través de menús do día ou carta. Asemade, por encargo ofrecen: cocido, marisco, pulpo e o que o cliente lles pida, sempre dentro do seu tipo de cociña.
  • Premios: En 2005, Celia García Pousa (propietaria- fundadora e cociñeira do “Caserío de Torguedo”) foi premiada na Festa do cocido de Lalín (Festa gastronómica de Interese Turístico) co premio “Toda unha vida” pola súa dedicación ós fogóns.
  • Especialidade: Cociña tradicional galega. Entre as súas especialidades destacan: cocido, capón, fabas con almexas, táboas de porco celta, cabrito e caza (en temporada).
  • Prezo menú do día: 10 - 12 €
  • Prezo medio da carta: 20 – 25 € (bodega aparte)
  • Día de peche: Luns.
  • Período de peche por vacacións: Do 21 de xuño ó 22 de xullo (aprox.)



RESTAURANTE “ATENEO”

DATOS XERAIS

  • Dirección: Estrada N-525 Ourense-Santiago, PK. 267 O Reino 32138 Piñor.
  • Teléfono: 988 40 32 03
  • Capacidade: 80-100 persoas.
  • Categoría: 3ª categoría. 2 Garfos.
  • Horario: De 7.00 – 23.30.

En restaurante Ateneo, o visitante encontra unha gran hospitalidade e unha exquisita comida, caracterizada pola súa boa relación calidade-prezo.

A súa larga historia aválaos, xa que foi en 1950, cando foi fundado o primeiro Ateneo (na antiga estrada a Santiago) por “Dina do Reino”, empezando así esta familia a facer felices os padais de moita xente. Tras morrer a fundadora, a súa filla Erundina (actual cociñeira) seguiu a tradición, cambiando a ubicación do Ateneo en 1976 para a nova N-525 e desde fai uns anos o menor da familia, Juanma Muñoz, uniuse ó bo facer culinario, compartindo a cociña ca súa nai.

Sen dúbida algunha, este restaurante mostra o bo traballo dunha familia, a Muñoz Vázquez.

  • Servizos: Almorzos, restaurante, banquetes, cobro con tarxetas, prensa diaria, idiomas inglés e alemán. Ofrecen produtos caseiros, a través de menús do día ou carta. Asemade, tódolos domingos ofrecen pulpo “á feira” e á prancha.
  • Premios: En 2001, Erundina Vázquez Ojea (propietaria e cociñeira do Restaurante Ateneo) foi premiada na Festa do cocido de Lalín (Festa gastronómica de Interese Turístico) co premio “Toda unha vida” pola súa tesón e dedicación ós fogóns.
  • Especialidade: Cociña tradicional galega. Entre as súas especialidades destacan: o cordeiro asado, a merluza á cazuela ou á galega e as almexas á mariñeira.
  • Prezo menú do día: 9 €
  • Prezo medio da carta: 18 – 24 € (bodega aparte)
  • Día de peche: Martes.
  • Período de peche por vacacións: Do 25 de decembro ó 21 de xaneiro (aprox.).



RESTAURANTE “OS TRES PICOS”

DATOS XERAIS

  • Dirección: Estrada N-525 Ourense-Santiago, PK. 262 As Lagoas 32135 Piñor.
  • Teléfono: 988 28 23 87
  • Capacidade: 50-60 persoas.
  • Horario: De 9.00 – 00.00. (aberto todo o ano)

Restaurante “Os tres picos” é unha empresa familiar, que ofrece un trato acolledor e unha cociña típica galega e de confianza, elaborada con produtos locais.

Con doce anos de antigüidade, este restaurante soubo facerse un oco dentro da ampla oferta de restaurantes da comarca carballiñesa.

  • Servizos: Restaurante, banquetes, cobro con tarxetas, prensa diaria, idioma alemán. Ofrecen comida típica galega a través de menús do día ou carta. Por encargo ofrecen: cordeiro, marisco e o que o cliente lles pida, sempre dentro do seu tipo de cociña.
  • Especialidade: Entre as súas especialidades destacan o churrasco e o bacallao. Asemade, entre os seus pratos diarios, está o pulpo cociñado tanto “á feira” como á brasa, así como gambas, langostinos e almexas. Ademais, en época de pesca ofrecen lamprea.
  • Prezo menú do día: 9 €
  • Prezo medio da carta: 15-20 € (bodega aparte)
  • Día de peche: xoves (pola tarde)



 
 

dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |

teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |

correo: info@pinor.es

Aviso legal

Cofinanciado por:

Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia
Explicacion do Nivel de Conformidade Doble A de Accesibilidade Validador XHTML Validador CSS