
O PIC (Punto de Información Catastral) é un servizo que ven prestando dende hai pouco tempo o Concello de Piñor en virtude da sinatura dun convenio de colaboración coa Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Economía e Facenda. Este é un dos primeiros concellos en prestar este servizo gratuíto a todos os seus veciños/as.
A necesidade de dar resposta á crecente demanda de información catastral de quen non dispón dos medios informáticos e telemáticos apropiados, xustifica o establecemento dos Puntos de Información Catastral, que ofrecen ao cidadán todas as vantaxes da Oficina Virtual do Catastro, sen ter que desprazarse ata Ourense, no caso do noso municipio, para obter información.
Os servizos aos que se pode acceder desde o Punto de Información Catastral do Concello de Piñor son os seguintes:
dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |
teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |
correo: info@pinor.es