
Os antigos camiños, calzadas e vías pecuarias, que serviron ó longo dos séculos para desprazarse, son un rico patrimonio histórico que o Concello de Piñor quere conservar.
O sendeirismo é un bo modo de manter e recuperar esa rede viaria que, de lugar en lugar, comunicaba e permitía o paso de comerciantes, de pastores e gandeiros, de pescadores, dos peregrinos de antano e como non, dos nosos queridos antepasados que usaban os camiños locais para moverse dunha aldea a outra.
O poñerse en camiño permitirache descubrir mostras da Historia de Piñor, ó ritmo do teu paso, coñecendo en profundidade a nosa terra, lonxe das aglomeracións urbanas. Sen dúbida, unha gran experiencia para os amantes do deporte ó aire libre e en contacto coa natureza, observando grandes monumentos e mostras descoñecidas da arte e da cultura rural.
A través dos nosos sendeiros, o camiñante poderá gozar de vixilantes cruceiros, cabaceiros, solitarios petos de ánimas, pontes romanas e medievais, igrexas de conto, máxicos Pazos, casas rurais, muíños e outras manifestacións populares en pedra, sempre enmarcados no camiño, cunha rica e ampla variedade de especies botánicas.
Esperamos que goces “tripando” a nosa terra, pero antes, permítenos darche algunhas indicacións:
Recomendacións útiles para ti, sendeirista:
- Levar calzado cómodo e flexible, preferiblemente botas de montaña.
- Levar roupa adecuada. Sempre é recomendable levar pantalóns largos.
- Hidratarse a miúdo, bebendo auga.
- Protexer a pel e os ollos con protección solar e gafas de sol.
Recomendacións ó teu paso pola natureza:
- Non arrancar, cortar ou deteriorar a vexetación.
- Recordar que a colección de setas esixe coñecer e respectar certo protocolo.
- Non esquecer que no monte un débese comportar como un invitado en casa allea, respecta a flora, a fauna e o patrimonio etnográfico.
- Non arroxar lixo e se o atopas, por favor recólleo e deposítao nos lugares acondicionados para tal fin. ¡Colabora na limpeza dos espacios naturais!
- Non alterar a tranquilidade natural con ruídos, altavoces ou luces innecesarias.
- Non tirar colillas de cigarros prendidas ou apagadas, xa que poden provocar incendios.
- Seguir os camiños sinalados. Evitando pisar os campos con plantacións.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |
teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |
correo: info@pinor.es