
Ó longo do ano, o Concello de Piñor organiza varias andainas (camiñadas) saudables. Os obxectivos son: Fomentar hábitos de vida saudables entre o pobo e dar a coñecer a veciños e forasteiros, a riqueza natural, etnográfica e histórica dos antigos e fermosos sendeiros recuperados e acondicionados no Concello.
A 1ª Andaina Saudable de Piñor tivo lugar o 9 de novembro de 2008, alcanzando unha gran afluencia.
Os asistentes puideron disfrutar de un día de deporte ó aire libre en compañía dos seus veciños e amigos, gozando de fermosas paisaxes, nas que a castaña era a protagonista, e de abundantes mostras de patrimonio histórico-artístico e etnográfico.
![]() |
Para repoñer forzas, degustáronse gratuitamente produtos gastronómicos do municipio na fábrica de papel de Lousado (do ano 1836), na que o seu dono, o Sñr. Presas, ofreceu un agradable discurso ós alí presentes, que recibiron información sobre a importancia da Fábrica de papel en Piñor e na comarca.
Así mesmo, a organización regalou a cada participante unha camiseta conmemorativa coa lenda “concellos saudables” e ó final da camiñada, entre risas e bo humor, sorteáronse vales para unha comida e unha cea, ambas para dúas persoas en dous dos restaurantes do municipio: Restaurante “Ateneo” e Restaurante “Caserío de Torguedo”.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
O 17 de maio de 2009 realizamos a nosa II Andaina saudable “Descubrir Piñor”.
A iniciativa foi todo un éxito, cubríndose o cupo de prazas fixado pola organización (200 persoas) dous días antes do fin de inscrición.
A camiñada comezou ás 10.00 e en ela participaron “andaríns” chegados das catro provincias galegas.
O tempo non nos acompañou e a choiva volveu a ser, nesta segunda edición, a nosa compañeira ó longo dos 15 km de camiñada. Aínda así, os participantes non se acovardaron e camiñaron co obxectivo de descubrir Piñor. Así, pasaron por Piñor, A Albarona, Lousado, Arenteiriño, Arenteiro, Casarellos, Córneas, Pereira, Barreiros, Cales, Casmoniño e Barrán, volvendo a Piñor para a comida saudable, que tivo lugar no centro social.
Trala comida, repartíronse dous premios: Ó “andarín” de maior idade que rematou a ruta e ó “andarín” que máis se aproximou ó tempo sorpresa estimado pola organización. Ademais, repartíronse varios agasallos cedidos por patrocinadores entre os cales destacamos dous vales para unha comida e cea para dúas persoas, cedidos por dous dos restaurantes do Concello: Restaurante “Ateneo” e Restaurante “Caserío de Torguedo”, así coma un vale para unha estancia para dúas persoas nos apartamentos turísticos “As casiñas da avoa Carlota” recen inaugurados no mes de abril de 2009.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
¡MOITAS GRACIAS POR PARTICIPAR E ATA A PRÓXIMA!
Fai anos e, sobre todo na época da guerra, os nosos maiores non tiñan nin cartos nin tampouco había demasiadas tendas para comprar roupa. Por elo, facían eles mesmos a súa roupa, principalmente coa la das ovellas e co liño que plantaban nas terras. Coa la das ovellas facíanse estupendos xerseis, calcetíns e en xeral, roupa de abrigo e co liño facíanse camisas, sabanas, manteis, etc.
O proceso do liño desenvolvíase integramente no pobo, desde a sementeira da planta ata a confección da roupa. Logo, no fiadeiro, as mulleres xuntábanse para facer o fío e os mozos para rondar ás mozas. Velaí, os lugares onde se desenvolvían as tarefas de fiar eran puntos no solo de traballo senón de gran diversión, e en eles cantábase, bailábase e contábanse contos.
Na actualidade, o Concello de Piñor está intentando recuperar as tradicións populares dos seus maiores, a través de diversas actividades entre as que está a escenificación de fiadeiros, nos cales homes e mulleres lle dan vida con vestimenta de época, típica de faena e folclore. Nestas xuntanzas, cantase, bailase e tamén se degustan productos típicos da zona. Asemade, desde o Concello preténdese que os nosos maiores revivan a súa infancia e xuventude e nos relaten as súas experiencias, transportándonos a aqueles seráns de traballo, humor e maxia.
O primeiro fiadeiro, organizado polo Concello, celebrouse no pobo de Barrán o pasado 30 de xaneiro, alcanzando un gran éxito. Neste primeiro encontro popular, un grupo de pandereteiras amenizou ós alí presentes, con música e cancións populares. Ademais, houbo conta-contos e pinchos. Sen dúbida, o humor, a alegría e o culto á tradición, foron os protagonistas deste primeiro fiadeiro de Piñor.
![]() |
![]() |
dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |
teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |
correo: info@pinor.es