Turismo | Qué ver | Monumentos funerarios

Monumentos funerarios

Tumba da familia Rivero Aguilar

TUMBA DA FAMILIA RIVERO AGUILAR: atópase no cemiterio da igrexa vella de Loeda á súa dereita. Trátase dunha tumba de pranta rectangular, formada por dous corpos rectangulares e rematada por un frontón triangular coroado por unha sinxela cruz de pedra. Ten sinais de haber sido protexida por un enreixado de ferro e presenta restos de policromía. Nesta tumba están enterrados diversos membros da familia Rivero Aguilar que tiveron importancia na historia de Piñor: Dª Juliana, muller de D. Antonio Rivero, o dono da fábrica de papel de Lousado, e os seus fillos D. Avelino, D. Manuel, D. Cándido, que ocuparou divesos cargos: vicepresidente e logo presidente da Deputación Provincial de Ourense, Gobernador da nosa provincia e deputado por Carballiño e Eduardo,"Bachiller en Bellas Artes".

 

 

Tumba da familia de Antonio Gómez Ordoñez

TUMBA DA FAMILIA DE ANTONIO GÓMEZ ORDOÑEZ: está tamén no cemiterio da igrexa de Loeda e conta cun relevo do famoso escultor Antonio Faílde (1907-1979), composto por tres pezas: dúas rectangulares e unha semicircular. Ocupando o centro do relevo están as imaxes sentadas de S. Xosé e a Virxe, ámbos coas mans sobre o peito, e o neno Xesús aparece sentado no colo da Virxe inclinado cara S. Xosé. Ó redor da Sagrada Familia aparecen imaxes de anxos, santos e profetas, e por riba, hai unha escultura de xigantesca de Cristo en actitude de bendecir diante dunha cruz.

 

 

Tumba dos Ureña-Crespo

TUMBA DOS UREÑA - CRESPO: está situado na igrexa vella de Carballeda. Trátase dun panteón de pranta rectangular de tres pisos separados por tres pequenas columnas con capiteis decorados con motivos vexetais e volutas. No seu cume atópase unha escultura de Cristo de pé apoiando unha man no panteón e a outra sostendo o Sagrado Corazón, rodeado por dúas figuras femeninas sentadas coas mans apoiadas sobre o peito e as rodillas.

 

 

 

 
 

dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |

teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |

correo: info@pinor.es

Aviso legal

Cofinanciado por:

Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia
Explicacion do Nivel de Conformidade Doble A de Accesibilidade Validador XHTML Validador CSS