
En Galicia as festas seguen tendo o máis auténtico sentido de solidarizade, de reforzamento da casa, dos veciños, con todo o que significa de tradición, de identidade.
O emigrante galego leva moi marcado na súa morriña o recordo destes días e os veraneantes ás nosas terras levan un doce sabor destes días de troula, diversión e unión. O tempo de festa ofrece o máis positivo da sociedade, nunha harmoniosa e alegre conxunción entre paisanaxe e paisaxe, entre o sacro e o profano, que se aúñan coa renovación de ancestrais ritos e tradicións.Velaí, entre os principais recursos da provincia de Ourense destaca o seu carácter festivo con festas a diario durante os meses de verán.
¡O bo comer e a ledicia e vitalidade das nosas xentes, únense nas diversas festas!
En Piñor teñen lugar diversas celebracións festivas e culturais durante todo o ano, que enchen de cor e ledicia ós seus pobos, como son o magosto (en Novembro) ou os carnavais. Poren, a maior incidencia de festas é na época estival.
As festas parroquiais, que se celebran en cada parroquia na honra do seu patrón ou patroa, ocupan un lugar destacado no calendario festivo de Piñor. Estas festas soen ter entre un e tres días de duración e consisten na celebración de misas pola mañá, unha rica e abundante comida familiar a mediodía, xogos populares pola tarde e verbena con orquestras pola noite. Algún exemplo deste tipo de festas serían: as da Milagrosa en O Reino, as de San Roque en A Canda, as da Virxe do Carme en Coiras e as da Peregrina en Arenteiro.
Por outro lado, entre as festas laicas do concello, destaca “A Festa dos Veciños” (en xuño), que é organizada cada ano polos veciños dunha parroquia, alternando cada ano. Nesta festa abunda a boa comida, polo xeral, con produtos da zona, a ledicia, o humor e a hospitalidade e unión dos veciños.
Se visitas Ourense nestas datas, Ven e goza, en PIÑOR, da cultura tradicional galega!!
¡Empápate de troula e coñécenos!
dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |
teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |
correo: info@pinor.es