|
Libros Abertos (Ego esurio et sitio) comenzou a funcionar como tal en xaneiro deste ano. Con el pretendemos crear un rincón de lectura onde as veciñas e veciños teñamos un lugar para a comunicación, reflexión e xuntanza co nexo de unión da lectura.
De momento os elexidos foron:
- Los girasoles ciegos.
Lectura
Visionado Película
Charla-coloquio co director Jose Luis Cuerda
- Memorias dun neno labrego
Lectura
Visita Fundación Xosé Neira Vilas xunto co Club de Lectura “O panadeiro poeta” do colexio Virxe da Saleta de Cea.
- La repudiada
Lectura
Visionado Película “Kdosh”
- Narradores de la noche
Lectura
Contacontos
- A elegancia do ourizo
Lectura
Visionado Amelí
- O frío azul (préstamo de once exemplares feito polo club de lectura “O panadeiro poeta")
Lectura
Este último libro escollémolo por varias razóns:
- Por ser un escritor da zona
- Porque é unha lectura que xa fixeron os nosos compañeiros do club de lectura “O panadeiro poeta” e así podernos xuntar para cambiar impresións como fixemos con Memorias dun neno labrego.
- Porque nel aparecen lugares do Concello.
Estamos pendentes de que Ramón Caride Ogando teña un momento para podernos visitar.
- Capitol, última sesión
Lectura
Charla co autor Miguel Anxo Fernández. que terá lugar o vindeiro 22 de xuño de 2009 ás 20:30 h. no antigo concello de Piñor.
Referencia Editorial Galaxia
|