
Piñor é un concello montañoso, cunha altitude media de 574 m. sobre o nivel do mar. Os puntos máis elevados do municipio predominan na parte norte, destacando os montes de “O Cabreiro” (939 m.), mentres que as chairas están presentes sobre todo, na parte central e sur, rompendo a monotonía da paisaxe con montes de pouca altura.
![]() |
![]() |
Cunha superficie de 52, 7 km. cadrados, chama a atención que o 63,3% do territorio encóntrase cuberto de montes, nos que predominan as especies autóctonas (carballo, castiñeiro, piñeiro, amieiro, bidueiro, etc.) e entre as cales destaca o piñeiro, por ser o pilar da tan arraigada industria madeireira do concello.
Así, as industrias máis importantes de Piñor surxiron ó aproveitar os recursos forestais dos que dispón o municipio e son as que se dedican á elaboración de produtos a base de madeira, como: serradoiros, fábricas de mobles e principalmente fábricas de cadaleitos. Neste senso, cómpre resaltar que Piñor é un dos principais centros de produción de cadaleitos de Galicia, resaltando algunha das súas empresas non solo a nivel nacional, senón tamén a nivel internacional.
Piñor destaca entre os concellos galegos de interior, pola súa constante labor en temas de coidado e concienciación medioambiental, apostando sempre pola sustentabilidade. Non en vano, en 2008 recibiu a certificación de calidade ambiental EMAS.
![]() |
![]() |
Con un entorno natural, absolutamente privilexiado, Piñor é o destino ideal para os amantes da natureza. Os seus montes, cheos de ricas e variadas especies, tanto de flora como de fauna, bríndannos paisaxes de incomparable fermosura. Todo elo, fai que Piñor empece a ter un distintivo propio, que espera sereno e en silencio a chegada do turista.
A natureza, a historia e a cultura danse a man en Piñor. Así, merecen especial mención, as pozas, onde se traballaba o liño, repartidas por varias aldeas do municipio. Nestas pozas, fai moitos anos, os nosos avós e antepasados, traballaban o liño para posteriormente elaborar as súas prendas de vestir en antigos teares. ¡Visita A Eirexe de Torcela e coñece as pozas onde os seus veciños elaboraban o liño!
Por outro lado, entre os seus recursos naturais destacan as súas augas, feito este normal tendo en conta que, Piñor forma parte da comarca de O Carballiño. Así, é necesario destacar os distintos ríos e regatos que sucan estas terras, creando pintorescas imaxes. Mención especial merece o río Arenteiro, seguido polos ríos Mirela e Silvaboa.
Os nosos ríos xeran relax, pero ó mesmo tempo crean inquietude. Inquietude por coñecer máis da súa historia, por adentrarse no pasado das moitas mostras de patrimonio etnográfico esparcidos polas súas beiras e que reflexan un gran esplendor pasado.
![]() |
![]() |
Unha natureza en todo o seu esplendor e chea de historia, con bosques autóctonos, ríos e fervenzas e grandes montañas, fan de Piñor un paraíso natural. Recorrelo despacio, gozando de todos e cada un dos seus rincóns, é unha das mellores actividades que se poden realizar (ver apartado sendeirismo).
Todo o que visite Piñor non saldrá defraudado, seguramente todo o contrario, repetirá a súa visita pola súa maxia e pureza e tamén, como non, polo seu silencio.
dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |
teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |
correo: info@pinor.es