Axudas | Axudas para Clubes de Fútbol 2010

Axudas para Clubes de Fútbol 2010

BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS/AXUDAS ÓS CLUBES DE FUTBOL CON DOMICILIO SOCIAL NO CONCELLO DE PIÑOR CORRESPONDENTES Ó EXERCICIO 2010

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 

A práctica deportiva adquiriu na sociedade actual unha gran trascendencia, dada a súa incidencia no desenvolvemento armónico e integral das persoas, na súa dimensión social, na mellora da calidade de vida e na sana utilización do ocio e do tempo de lecer dos cidadáns.

 

Por elo, o Concello de Piñor, intentará promover, fomentar e garantizar as actividades deportivas, propiciando e facilitando o acceso dos cidadáns á practica do deporte como medio para garantir o desenvolvemento integral da persoa.

 

OBXECTO

 

O obxecto das presentes bases e convocar para o ano 2010 as subvencións dirixidas a Clubes Deportivos Locais, co fin de colaborar para que dispoñan dos medios necesarios para a participación en eventos deportivos.

 

Estas bases convócanse de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

 

CONCEPTOS SUBVENCIONABLES

 

- Actividades Deportivas Federadas de Clubes de Fútbol con domicilio social no Concello de Piñor

- Actividades Deportivas Federadas de Clubes de Fútbol Sala con domicilio social no Concello de Piñor

 

BENEFICIARIOS

 

Poderán solicitar a subvención tódolos Clubes de Fútbol do Concello de Piñor que cumplan os seguintes requisitos:

 

1. Estar legalmente constituido como Clube Deportivo

a. Estatutos rexistrados na Dirección Xeral de Deportes

b. Estar en posesión do Código de Identificación Fiscal

 

2. Estar inscrito no Rexistro de Entidades Deportivas da Comunidade Autónoma de Galicia e estar inscrito na Federación autonómica ou provincial correspondente.

 

 

 

FINANCIACIÓN

 

A cantidade que se dedique a financiar estas subvencións quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no Orzamento Xeral do Concello de Piñor para o exercicio 2010.

 

As subvencións concederanse en concepto de “Axudas para apoiar a actividade ordinaria dos Clubes de Fútbol do Concello de Piñor”.

 

O importe das subvencións establecerase segundo os criterios establecidos nas presentes bases.

 

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

 

1. A solicitude da axuda, efectuarase da forma máis detallada posible e deberá conter necesariamente a seguinte documentación:

a. Instancia dirixida ó Alcalde-Presidente do Concello de Piñor (Anexo I)

b. Fotocopia da Tarxeta de Identificación Fiscal ou fotocopia do resgardo de habela solicitado. O titular será en tódolos casos o Clube Deportivo peticionario.

c.Certificado de Inscrición no Rexistro Xeral de Entidades Deportivas e certificado de inscrición na Federación autonómica ou provincial correspondente.

d. Proxecto ou memoria deportiva que recolla a información relativa á estructura organizativa, ambito de actuación, obxectivos a conseguir e actividades a realizar durante a tempada.

e.Orzamento anual de ingresos e gastos da tempada actual e liquidación da anterior, desglosando as categorías base para a que se solicita a axuda, todo elo certificado polo Secretario e co Visto e Prace do Presidente do Clube (seguindo o esquema do Anexo II)

f.Certificado do Director da Entidade Bancaria onde se teña aberta a conta.

g. Fotocopias das Fichas federativas, para acreditar o número de deportistas residentes no Concello de Piñor.

h. Declaración responsable de non ser debedor coa facenda estatal, autonómica e local , nin coa Seguridade Social (Anexo III)

i. Declaración formal, asinada polo secretario, de tódalas axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade por parte doutras administracións públicas(Anexo IV)

 

2. Cada Clube de Fútbol presentará unha única solicitude.

 

3. Ademais da documentación sinalada o Concello de Piñor poderá pedir calquera outra que estime necesaria para o mellor coñecemento e comprensión da aplicación da subvención.

 

 

 

FORMA E PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES

 

As solicitudes presentaranse no prazo dun mes dende a exposición pública das presentes bases no Taboleiro de Anuncios e dende a súa publicación na páxina web do Concello de Piñor.

 

Na páxina web do Concello de Piñor estarán penduradas as presentes bases cos Anexos correspondentes para podelos cumplimentar e imprimir directamente.

 

As solicitudes presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Piñor. Os interesados en participar nesta convocatoria de subvencións deberán presentar o impreso de solicitude correspondente, que figura nos anexos destas bases.

 

 

COMPATIBILIDADE CON OUTRAS SUBVENCIÓNS

 

En ningún caso a suma das axudas concedidas por outras institucións , coa mesma finalidade, superara o 100% do orzamento previsto.

 

 

VALORACIÓN E PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN

 

Recibidas as solicitudes de subvención, o exame e comprobación das devanditas levarase a cabo pola Comisión de Valoración formada polos membros que se establecen na disposición primeira das presentes bases.

Egotado o prazo de presentación de solicitudes, a Comisión de Valoración poderá requirir ós interesados para que subsanen os defectos da solicitude nun prazo de 15 días naturais dende a notificación, na que se advertirá que, de non producirse dita subsanación, terase por desistida a súa solicitude.

 

Os importe das subvencións concedidas consistirán:

- Para equipos de Fútbol outorgarase 50€ por xogador de campo, debidamente acreditado coas fichas federativas, que esté empadroado no Concello de Piñor. Con un mínimo de 7 e un máximo de 16 xogadores de campo.

- Para equipos de Fútbol Sala outorgarase 50€ por xogador de campo, debidamente acreditado coas fichas federativas, que esté empadroado no Concello de Piñor. Con un mínimo de 3 e un máximo de 7 xogadores de campo.

O importe das subvencións non poderá ser en ningún caso dunha contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras Administracións ou entes públicos ou privados, supere o custe da actividade que realiza o beneficiario.

 

 

PRAZO DE RESOLUCIÓN E NOTIFICACIÓN

 

O prazo máximo para resolver e notificar o procedemento será de seis meses contados a partir do día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os interesados poderán entender desestimadas as solicitudes, por silencio administrativo, se transcorrido dito prazo non se houbese ditado e notificado resolución expresa.

A notificación da resolución realizarase dacordo co previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

A publicación das subvencións concedidas realizarase no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello de Piñor.

OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS

 

Os que obteñan axudas quedan obrigados a :

- Desenvolver as actividades dacordo co proxecto presentado

- Informar ó Concello de Piñor de calquera cambio significativo que se produza no programa.

- Comunicar ó Concello de Piñor a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública ou privada. (Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada ós fondos percibidos)

- Facer constar expresamente o patrocinio ou colaboración municipal “CONCELLO DE PIÑOR” na realización de tódalas actividades deportivas, en publicidade tanto estática como de difusión: programas, carteis, cuñas de radio, equipos e material deportivo do clube, etc..

- Xustificar o emprego da subvención recibida mediante presentación de facturas ou xustificantes de gasto, así como unha memoria xustificativa, que deberá recoller: cartelería,dípticos,etc…, posibles recortes de prensa, así como unha reportaxe de fotos da actividades/es

- Someterse, no seu caso ás actividades de control e inspección que corresponden ó Concello de Piñor, aportanto tanta información como lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

- O incumprimento das obrigas anteriores podería dar lugar á anulación da subvención concedida.

 

 

XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN

 

Unha vez recibida a notificación de concesión da subvención e previo ó pago da cantidade concedida, os beneficiarios deberán presentar no prazo de 2 meses contados a partir da notificación a documentación que a continuación se relaciona:

- Memoria detallada da realización da totalidade do proxecto ou actividade conforme ó orzamento presentado con expresa mención dos resultados obtidos.

- Certificado do perceptor de que se cumpliu a finalidade para a cal se otorgou a subvención conforme ó orzamento presentado.

- Os perceptores da subvención deberán xustificar que os fondos recibidos foron aplicados á finalidade para a cal foron concedidos, e a tal efectos deberán aportar:

- Relación de tódolos gastos subvencionables derivados e como consecuencia da realización do proxecto ou actividade, poderán incluir:

- Gastos federativos (inscricións, fichas, arbitraxes, etc.)

- Gastos de material deportivo ( so será válido o material propio do seu deporte)

- Gastos de vestiario (Obrigatorio o escudo do Concello de Piñor)

- Trofeos

- Desprazamentos en autobús

- Servizos médicos

- Adquisición de material inventariable propio do seu deporte. Debéndose destinar os bens ó fin concreto para o que se concede a subvención, durante o periodo mínimo de 2 anos.

- Copias da totalidade das facturas ou recibos, incluso nóminas, tributos/cotas da Seguridade Social, cuxo importe foran aboados con cargo á subvención concedida.

As entidades perceptoras non poderán presentar documentos que xa serviran de xustificación para outras subvencións.

 

 

PROCEDEMENTO DE PAGO

 

Unha vez comunicado ó beneficiario a resolución da concesión da subvención o pago desta producirase dunha soa vez, coa previa xustificación documental dos gastos correspondentes á realización da actividade, no número de conta que conste no certificado aportado coa solicitude da subvención.

 

 

REINTEGRO DA SUBVENCIÓN

 

Corresponderá o reintegro das cantidades percibidas e a esixencia dos intereses de demora dende o momento de pago da subvención nos seguintes casos:

- Incumplimento da obriga de xustificación

- Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas

- Incumprir a finalidade para a cal foi concedida a subvención

- Incumprir as obrigas impostas ós beneficiarios nestas bases

- Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de control e comprobación previstas nestas bases

 

 

DISPOSICIÓN PRIMEIRA

 

A comisión de valoración estará constituída por:

- Alcalde – Presidente do Concello de Piñor ou a persoa en quen delegue.

- Concelleiro/a de Deportes do Concello de Piñor ou a persoa en que delegue.

- O Secretario – Interventor do Concello de Piñor.

- Un traballador do concello designado para o efecto.

 

 

DISPOSICIÓN FINAL

 

Para todo aquilo non previsto nas presentes bases reguladoras será de aplicación a Lei Xeral de Subvencións.

A presente convocatoria entrará en vigor o día seguinte a súa publicación no Taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Piñor.

 

Piñor, 7 de abril de 2010

 

O ALCALDE

 

Francisco José Fraga Civeira

 

ANEXOS

ANEXOI_SOLICITUDE.pdf

ANEXOII_ORZAMENTO_INGRESOS_GASTOS.pdf

LIQUIDACION_INGRESOS_GASTOS.pdf

ANEXOIII_MODELO_DECLARACION_RESPONSABILIDADE.pdf

ANEXOIV_DECLARACION_OUTRAS_AXUDAS.pdf

BASES_AXUDAS_FUTBOL.pdf

 
 

dirección: Piñor s/n · 32137 · Piñor · Ourense |

teléfono: 988 403 236 fax: 988 403 320 |

correo: info@pinor.es

Aviso legal

Cofinanciado por:

Consellería de Innovación e Industria - Xunta de Galicia
Explicacion do Nivel de Conformidade Doble A de Accesibilidade Validador XHTML Validador CSS